domingo, 28 de septiembre de 2008

viernes, 26 de septiembre de 2008

Cooperación entre Rexións

Neste video, ainda que algo longo, se sinalan as relacións entre a Unión Europea e os países de América Latina.

jueves, 25 de septiembre de 2008

Se non hai acordo sobre cantos países hai, menos o haberá sobre os organismos internacionais...

Non é doado definir nin o que é un Bloque Comercial nin un Organismo Internacional, así como tampouco averiguar cantos existen actualmente. Certamente estamos a vivir nun mundo cada vez máis globalizado, no que cada vez son máis os estados que deciden colaborar cos estados veciños, pois só a posta en común dos esforzos permite resolver verdadeiramente os problemas, cada vez máis globais, e urxentes.
Certo é que ó longo da Historia uns Estados emprenderon, e actualmente algúns ainda o seguen emprendendo, devastadoras guerras contra outros, aunque en xeral son máis os que procuran políticas de aproximación, de asociación e de traballo en común.
Dende finais do s. XX son cada vez máis numerosas e fortes as voces que claman por un maior achegamento entre os gobernos dos países, para así achegarse ós problemas globais que demanda o noso mundo. Emprender políticas trasparantes, ben a escala global ou rexional, de asociación e colaboración, respetando sempre a soberanía de cada estado e esencialmente o das minorías étnicas, relixiosas, culturais, lingüísticas..., constitúen tarefas e retos cada vez máis urxentes e necesarios.

Neste Blog tentamos achegarnos o coñecemento dalgúns Organismos Internacionais e Bloques Comerciais.

Entendemos por Organismo Internacional a toda institución xurdidas tra-lo acordo voluntario entre varios Estados soberanos u organismos intergubernamentais, para abordar conxuntamente asuntos diversos en común. Comprende pois cualqueira organización con presencia internacional, que sexa soberana e teña plena persoalidade xurídica.
Soen clasificarse en diversos tipos:
1. En función da súa duración:
· Permanentes, creados sen prazo fixo de finalización do seu mandato.
· Non permanentes, aqueles cun cometido específico e/ou unha duración determinada no tiempo. 2. Por razón da materia, segúndo as cuestións que traten, poden ser: económicos, culturais, políticos, ou outros.
3. Segundo a súa composición, se diferencian:
o Puros, que integran só Estados soberanos.
o Mixtos, integran Estados soberanos e ademais outras institucións (concellos, provincias, Comunidades Autónomas, Estados Federados, etc).
o Integrados, que integran Estados soberanos e tamén organismos internacionais.
o Autónomos, só formados por organismos internacionais.

Asimesmo podes ler outros artigos sobre a necesidade de reforma o sobre o papel que poden desempeñar perante a crisis del mundo actual.

Mentras que podemos definir un Bloque Comercial como unha asociación, voluntariamente constituida, entre dous ou máis países veciños, que tentan crear un área de libre comercio entre eles. Dita asociación soe ser ratificada mediante a sinatura dun ou de varios tratados.
A maioría dos Bloques Comerciais teñen un enfoque meramente comercial, pero nalgúns casos inclúen outros temas: sociais, políticos, etc (como é o caso da UE).

Finalmente sinalar que no seguinte enlace te levará ó Guión do traballo; primeiro a unha Google Page que ten por título "Escomezando coa Xeografía", que ainda está en fase de deseño, e xa nela busca o apartado E que te levará o devandito Guión deste traballo.

Observa agora estes videos e valora os papel dos gobernos, dos Organismos Internacionais e Bloques Comerciais, na crise alimentaria do mundo actual e respecto do calentamiento global.


miércoles, 24 de septiembre de 2008

Listado de Organismos Internacionais

Os traballos a desenvolver se organizan entorno ás diversas organizacións internacionais ou bloques comerciais. Se pinchas en cada un enlazarás con outras páxinas Web, moitas delas de carácter oficial.
Non obstante, tamén podes empregar outras direccións de interese:

1.- (Alto Comisionado das Nacións Unidas de Axuda @s Refuxiad@s)
2.- AEC (Asociación de Estados do Caribe)
3.- AI (Amnistía Internacional)
4.- Alianza Internacional "Save the Children"
5.- AIEA (Axencia Internacional para á Enerxía Atómica)
6.- AIE (Axencia Internacional da Enerxia)
7.- ALCA (Asociación Libre Comercio de América)
8.- ASEAN (Asociación de Nacións do Sudeste de Asia)
9.- APEC (Cooperación Económica de Asia-Pacífico)
10.- BANCO MUNDIAL
11.- CEI (Comunidade de Estados Independentes)
12.- CEDEAO (Comunidade de Estados de África Occidental)
13.- CEPAL (Comunidade Económica para América Latina e o Caribe)
14.- COI (Comité Olímpico Internacional)
15.- COMMONWEALTH
16.- CONSELLO DE EUROPA
17.- COMUNIDADE ANDINA
18.- CONSEJO ÁRTICO
19.- CRUZ VERMELLA
20.- EFTA (Asociación Europea do Tratado de Libre Comercio)
21.- FAO (Food and Agriculture Organisation) (Organización para a Alimentación e a Agricultura)
22.- FMI (Fondo Monetario Internacional)
23.- G-8
24.- G-20
25.- GREENPEACE
26.- Grupo de Río
27.- IATA (Axencia Internacional de Transporte Aereo)
28.- Liga Árabe
29.- MCCA (Mercado Común Centroamericano)
30.- MERCOSUR (Mercado Común de América do Sur)
31.- NAFTA (Tratado de Libre Comercio de América do Norte)
32.- OCDE (Organización de Cooperación e Desenvolvemento Económico)
33.- OEA (Organización de Estados Americanos)
34.- OIAC (Organización Internacional de Aviación Civil)
35.- OIM (Organización Internacional das Migracións)
36.- OIT (Organización Internacional do Traballo)
37.- OMC (Organización Mundial de Comercio)
38.- OMI (Organización Marítima Internacional)
39.- OMM (Organización Meteorolóxica Mundial)
40.- OMS (Organización Mundial da Saúde)
41.- OMT (Organización Mundial de Turismo)
42.- OPEP ou OPEC (Organización de Países Exportadores de Petróleo)
43.- OTAN (Organización do Tratado do Atlántico Norte)
44.- OUA (Organización para a Unidade Africana)
45.- PACTO ANDINO ou COMUNIDADE ANDINA
46.- PNUD (Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento)
47.- PNUMA (Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambente)
48.- PRB (Population Reference Bureau)
49.- Organización Mundial de Aduanas
50.- TIJ (Tribunal Internacional de Xustiza)
51.- UIT (Unión Internacional de Telecomunicaciones)
52.- UNESCO (Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura)
53.- UNICEF (Fondo das Nacións Unidas para a Infancia)
54.- UMA (Unión do Magreb Árabe)
55.- WWF-ADENA
56.- UNCTAD (Conferencia das Nacións Unidas sobre Comercio e Desenvolvemento)
57.- UPU (Unión Postal Universal)