viernes, 9 de octubre de 2009

O G-20


Cumio de Washington.
luduran.files.wordpress.com/2009/03/g20-buena.jpg


Trátase dun organismo internacional creado en Berlín, en 1999, que está constituido polos países máis industrializados do mundo (os que xa integraban o G-8, esto é: Alemaña, Canadá, EEUU, Francia, Italia, Xapón, Reino Unido e Rusia), e aqueles outros chamados estados emerxentes (caso de: Arabia Saudí, Arxentina, Australia, Brasil, China, India, Indonesia, México, Corea do Sul, Sudáfrica e Turquía). E, finalmente, o vigésimo é o representante da UE.

Xurdiu para dar unha resposta uniforme á fonda crise, que nese momento, estaban a sufrir as economías de Rusia e de algúns países asiáticos.

Neste importante foro mundial asisten ós Xefes de Estado, os Ministros de Economía e Finanzas, e os Gobernadores dos respectivos Bancos Centrais de cada país.

Notable impulso cobrou o G-20 tras as recentes reunións celebradas en Washington (2007), Londres (2008) e Pittsburg (2009), ó reemplazar a outros organismos máis selectos caso do G-8 ou do G-14. Resultou especialmente importante o Cumio de Pittsburg, tendo en conta o actual contexto da crise económica mundial.



España que reclamara con insistencia a súa presenza neste foro de debate nos últimos anos, asiste como invitada. E ademais, no 2010, ten garantida a súa presenza ó detentar a Presidencia da UE.