lunes, 30 de noviembre de 2009

A trascendencia do Cumio Mundial de Coopenhage 2009

A principios de Decembro de 2009,celebrarase na capital danesa un importantísimo Cumio Munidal sobre o Cambio Climático.
Dados os sucesivos retrasos de cumplimento do chamado Protocolo de Kioto, e a notable falta de entendemento entre os países, levaron a celebrar, dende entón, sucesivas reunións multilaterais, con moi escasos avances.

Así, os acordos que se acaden en Copenhage, que reemplazarán os do Protocolo de Kioto, e cuia vixencia remata no 2012, terán unha grande importancia para o futuro do noso Planeta.

Para entender a trascendencia deste Cumio é preciso a colaboración de todos os países do mundo, como podes contemplar nos seguintes vídeos:


domingo, 8 de noviembre de 2009

O Braille, un sistema de lectoescritura en expansión

Nestes últimos días, o 6 e 7 de Novembro, a cidade de Madrid convertiuse na capital mundial do Braille, un sistema de lectoescritura para persoas cegas.
O Consello Mundial, dependente a Organización Mundial de Cegos; o Consello Iberoamericano; e a Comisión Española deron un notable impulso para que o Braille sexa empregado polos diferentes Organismos Internacionais.
Ademais outras das súas demandas expresadas foi que o Braille chegue aos países máis pobres ou que figure na rotulación tanto de alimentos como de medicamentos.

Algunhas novas distintas...

Na páxina Web "empleajoven" do Ministerio de Igualdade do Goberno de España pódese consultar unha interesante guía para aspirantes a postos de traballo nos Organismos internacionais (OOII). Esta guía foi editada no 2005, polo Ministerio de Asuntos Exteriores.