A principios de Decembro de 2009,celebrarase na capital danesa un importantísimo Cumio Munidal sobre o Cambio Climático.
Dados os sucesivos retrasos de cumplimento do chamado Protocolo de Kioto, e a notable falta de entendemento entre os países, levaron a celebrar, dende entón, sucesivas reunións multilaterais, con moi escasos avances.
Así, os acordos que se acaden en Copenhage, que reemplazarán os do Protocolo de Kioto, e cuia vixencia remata no 2012, terán unha grande importancia para o futuro do noso Planeta.
Para entender a trascendencia deste Cumio é preciso a colaboración de todos os países do mundo, como podes contemplar nos seguintes vídeos:
Nestes últimos días, o 6 e 7 de Novembro, a cidade de Madrid convertiuse na capital mundial do Braille, un sistema de lectoescritura para persoas cegas.
O Consello Mundial, dependente a Organización Mundial de Cegos; o Consello Iberoamericano; e a Comisión Española deron un notable impulso para que o Braille sexa empregado polos diferentes Organismos Internacionais.
Ademais outras das súas demandas expresadas foi que o Braille chegue aos países máis pobres ou que figure na rotulación tanto de alimentos como de medicamentos.
Na páxina Web "empleajoven" do Ministerio de Igualdade do Goberno de España pódese consultar unha interesante guía para aspirantes a postos de traballo nos Organismos internacionais (OOII). Esta guía foi editada no 2005, polo Ministerio de Asuntos Exteriores.
Cumio de Washington. luduran.files.wordpress.com/2009/03/g20-buena.jpg
Trátase dun organismo internacional creado en Berlín, en 1999, que está constituido polos países máis industrializados do mundo (os que xa integraban o G-8, esto é: Alemaña, Canadá, EEUU, Francia, Italia, Xapón, Reino Unido e Rusia), e aqueles outros chamados estados emerxentes (caso de: Arabia Saudí, Arxentina, Australia, Brasil, China, India, Indonesia, México, Corea do Sul, Sudáfrica e Turquía). E, finalmente, o vigésimo é o representante da UE.
Xurdiu para dar unha resposta uniforme á fonda crise, que nese momento, estaban a sufrir as economías de Rusia e de algúns países asiáticos.
Neste importante foro mundial asisten ós Xefes de Estado, os Ministros de Economía e Finanzas, e os Gobernadores dos respectivos Bancos Centrais de cada país.
Notable impulso cobrou o G-20 tras as recentes reunións celebradas en Washington (2007), Londres (2008) e Pittsburg (2009), ó reemplazar a outros organismos máis selectos caso do G-8 ou do G-14. Resultou especialmente importante o Cumio de Pittsburg, tendo en conta o actual contexto da crise económica mundial.
España que reclamara con insistencia a súa presenza neste foro de debate nos últimos anos, asiste como invitada. E ademais, no 2010, ten garantida a súa presenza ó detentar a Presidencia da UE.
Actualmente diante da crise económica que están a sofrir todos os países do Mundo, ainda que con desigual impacto, hai unha tendencia crecente entre os mandatarios dos principais estados, de revisión das funcións, representación ou organización dos diferentes organismos internacionais. Enfrente desta postura atopamos outra, aquela que busca crear outros novos, así como distintos modelos de participación.
Asimesmo debaten sobre o propio proceso de Globalización.
No seguinte enderezo vinculado á Universidade de Málaga podes atopar información de interese sobre algúns organismos internacionais. Asimesmo dita páxina Web ofrece diversos recursos sobre Economía (biblioteca virtual, revistas, enciclopedia, novas sobre Encontros e Congresos...), e unha sinxela documentación.
Ao longo da Historia se foron sucedendo distintos sistemas económicos. Foron, entre as mais importantes, os seguintes: - Economía primitiva de subsistencia nas primeiras comunidades. - Esclavismo durante a Idade Antiga. - Feudalismo na Idade Media. - Mercantilismo na Idade Moderna. - Fisiocracia na idade Moderna. - Capitalismo ou economía de mercado na Idade Contemporánea. - Comunismo ou economía planificada na Idade contemporánea.
Podes ver algúns vídeos explicativos desta evolución.
Sinxela e amena explicación de Leopoldo Abadía, enxeñeiro industrial e ex-profesor universitario, sobre a actual crise económica nun programa de Andreu Buenafuente.
Neste outro vídeo se ofrece outra explicación similar á anterior, ainda que algo máis convencional.
A Terra é un gran sistema vital, no que tódo-los elementos e capas que constitúen a súa estructura están estreitamente relacionados entre sí. A Biosfera é aquela parte do noso "planeta azul" na que é posible a vida.
Imaxe obtida do portal oficial da NASA
Pero como consecuencia da acción humana, a progresiva degradación ambiental traduciuse en efectos negativos, entre eles a chuvia ácida, o adelgazamento da capa de ozono, a contaminación das augas... As amenazas, para o medio ambente e para a vida na Terra, acadan carácter global, é decir afectan a tódo-los países e continentes. Se se toman as medidas oportunas ainda se poderán resolver moitos dos problemas medioambientais. Por iso dende finais do s. XX se veñen celebrando diversos cumios Mundiais, entre os cales destacamos os seguintes:
Proximamente, no mes de Decembro de 2009, celebrarase unha nova Conferencia mundial, esta vez na capital danesa de Copenhage, na chamada a Conferencia das Partes nº 15.
E é que no mundo actual os estados xa non poden vivir aillados uns dos outros, pois se atopan unidos, entre sí, por estreitos lazos económicos e políticos. Por ese motivo, nas últimas décadas, xurdiron dende entón diversas formas de cooperación internacional.
Non é de extrañar entón que a actual crise económica teña un alcance mundial, e afecte deste xeito a tódo-los países. Así, son cada vez máis frecuentes as xuntanzas dos organismos internacionais nas cales acordar medidas de intervención na economía.
A SDN foi unha das primeiras tentativas de crear un organismo público internacional, pero tamén foi un dos grandes fracasos. Creouse en 1919, na Conferencia de París, o remate da I Guerra Mundial. Estivo integrada orixinalmente por preto de 40 países, e tiña sé en Ginebra (Suiza).
O seu obxectivo era impulsar a seguridade colectiva no mundo, garantir a integridade de tódo-los estados, desempeñar tarefas de arbitraxe nos diferentes conflictos, e impulsar o desarme. Un dos seus principais impulsores foi o Presidente dos EEUU, Woodrow Wilson. Pero a exclusión dos países vencidos en dita guerra, e moi especialmente de Alemania e da URSS, que non ingresaron ata 1926 e 1934 respectivamente, limitaron a súa potencialidade. Máis tarde, tras a crise de 1929, a SDN iniciou un declive irreversible.
Alemaña e Xapón abandonaron a Sociedade en 1933, Italia en 1936 e a URSS foi expulsada en 1939.
Poucos anos despois, deu comenzo a II Guerra Mundial, certificando o estrepitoso fracaso desta primeira organización mundial de nacións.
No seguinte enlace podes atopar algúns datos de interese, como tamén neste video sobre a Liga de Nacións.
Dende mediados do s. XX estase a rexistrar un acusado proceso de creación de organismos e institucións para coordinar a economía rexional, continental ou mundial, co fin de evitar as graves tensións que levaron, a postre, as dúas guerras mundiais senon tamén á grave crise económica de 1929.
O número de organismos internacionais multiplouse, dende entón, notablemente.
Actualmente, a principios do s. XXI, podemos avaliar, en parte como positiva, dito proceso. Pois non só reduciuse a intensidade e amplitude dos conflictos armados, senon que tamén se contribuiu ó achegamento entre países veciños, fortalecendose o sistema de cooperación internacional, fenómeno sen precedentes na Historia.
Hoxe a humanidade é cada vez máis consciente da necesidade de fortelecer a interrelación entre países dada a globalización da economía mundial. Se ben é certo, que este fenómeno da "globalización" impulsa o crecemento e o desenvolvemento económico nunhas rexións do mundo, tamén orixina fortes tensións e acusados desequilibrios noutras.
Por iso, cada día, é máis evidente a necesidade de contar con fortes organismos internacionais, rexidos por principios democráticos, de respeto a soberanía e de trasparencia. Os cales ademais conten con capacidade para deseñar unha nova orde económica mundial, baseada na redistribución da riqueza e dos beneficios do desenvolvemento desarrollo humano.
Dentro dos Organismos existentes na actualidade, convén distinguir entre os Organismos de Cooperación, que se limitan a formular recomendacións e propostas sen cesión de soberanía por parte dos estados membros, e os de Integración con obxectivos máis ambiciosos, caso da UE.
Un dos precedentes foi, como xa vimos, a Sociedade de Nacións (SDN), que xurdiu ó remate da I Guerra Mundial.
Non é doado definir nin o que é un Bloque Comercial nin un Organismo Internacional, así como tampouco averiguar cantos existen actualmente. Certamente estamos a vivir nun mundo cada vez máis globalizado, no que cada vez son máis os estados que deciden colaborar cos estados veciños, pois só a posta en común dos esforzos permite resolver verdadeiramente os problemas, cada vez máis globais, e urxentes. Certo é que ó longo da Historia uns Estados emprenderon, e actualmente algúns ainda o seguen emprendendo, devastadoras guerras contra outros, aunque en xeral son máis os que procuran políticas de aproximación, de asociación e de traballo en común. Dende finais do s. XX son cada vez máis numerosas e fortes as voces que claman por un maior achegamento entre os gobernos dos países, para así achegarse ós problemas globais que demanda o noso mundo. Emprender políticas trasparantes, ben a escala global ou rexional, de asociación e colaboración, respetando sempre a soberanía de cada estado e esencialmente o das minorías étnicas, relixiosas, culturais, lingüísticas..., constitúen tarefas e retos cada vez máis urxentes e necesarios.
Entendemos por Organismo Internacional a toda institución xurdidas tra-lo acordo voluntario entre varios Estados soberanos u organismos intergubernamentais, para abordar conxuntamente asuntos diversos en común. Comprende pois cualqueira organización con presencia internacional, que sexa soberana e teña plena persoalidade xurídica. Soen clasificarse en diversos tipos: 1. En función da súa duración: · Permanentes, creados sen prazo fixo de finalización do seu mandato. · Non permanentes, aqueles cun cometido específico e/ou unha duración determinada no tiempo. 2. Por razón da materia, segúndo as cuestións que traten, poden ser: económicos, culturais, políticos, ou outros. 3. Segundo a súa composición, se diferencian: o Puros, que integran só Estados soberanos. o Mixtos, integran Estados soberanos e ademais outras institucións (concellos, provincias, Comunidades Autónomas, Estados Federados, etc). o Integrados, que integran Estados soberanos e tamén organismos internacionais. o Autónomos, só formados por organismos internacionais.
Mentras que podemos definir un Bloque Comercial como unha asociación, voluntariamente constituida, entre dous ou máis países veciños, que tentan crear un área de libre comercio entre eles. Dita asociación soe ser ratificada mediante a sinatura dun ou de varios tratados. A maioría dos Bloques Comerciais teñen un enfoque meramente comercial, pero nalgúns casos inclúen outros temas: sociais, políticos, etc (como é o caso da UE).
Finalmente sinalar que no seguinte enlace te levará ó Guión do traballo; primeiro a unha Google Page que ten por título "Escomezando coa Xeografía", que ainda está en fase de deseño, e xa nela busca o apartado E que te levará o devandito Guión deste traballo.
Observa agora estes videos e valora os papel dos gobernos, dos Organismos Internacionais e Bloques Comerciais, na crise alimentaria do mundo actual e respecto do calentamiento global.
Os traballos a desenvolver se organizan entorno ás diversas organizacións internacionais ou bloques comerciais. Se pinchas en cada un enlazarás con outras páxinas Web, moitas delas de carácter oficial.
Non obstante, tamén podes empregar outras direccións de interese:
1.- (Alto Comisionado das Nacións Unidas de Axuda @s Refuxiad@s)
2.- AEC (Asociación de Estados do Caribe)
3.- AI (Amnistía Internacional)
4.- Alianza Internacional "Save the Children"
5.- AIEA (Axencia Internacional para á Enerxía Atómica)
6.- AIE (Axencia Internacional da Enerxia)
7.- ALCA (Asociación Libre Comercio de América)
8.- ASEAN (Asociación de Nacións do Sudeste de Asia)
9.- APEC (Cooperación Económica de Asia-Pacífico)
10.- BANCO MUNDIAL
11.- CEI (Comunidade de Estados Independentes)
12.- CEDEAO (Comunidade de Estados de África Occidental)
13.- CEPAL (Comunidade Económica para América Latina e o Caribe)
14.- COI (Comité Olímpico Internacional)
15.- COMMONWEALTH
16.- CONSELLO DE EUROPA
17.- COMUNIDADE ANDINA
18.- CONSEJO ÁRTICO
19.- CRUZ VERMELLA
20.- EFTA (Asociación Europea do Tratado de Libre Comercio)
21.- FAO (Food and Agriculture Organisation) (Organización para a Alimentación e a Agricultura)
22.- FMI (Fondo Monetario Internacional)
23.- G-8
24.- G-20
25.- GREENPEACE
26.- Grupo de Río
27.- IATA (Axencia Internacional de Transporte Aereo)
28.- Liga Árabe
29.- MCCA (Mercado Común Centroamericano)
30.- MERCOSUR (Mercado Común de América do Sur)
31.- NAFTA (Tratado de Libre Comercio de América do Norte)
32.- OCDE (Organización de Cooperación e Desenvolvemento Económico)
33.- OEA (Organización de Estados Americanos)
34.- OIAC (Organización Internacional de Aviación Civil)
35.- OIM (Organización Internacional das Migracións)
36.- OIT (Organización Internacional do Traballo)
37.- OMC (Organización Mundial de Comercio)
38.- OMI (Organización Marítima Internacional)
39.- OMM (Organización Meteorolóxica Mundial)
40.- OMS (Organización Mundial da Saúde)
41.- OMT (Organización Mundial de Turismo)
42.- OPEP ou OPEC (Organización de Países Exportadores de Petróleo)
43.- OTAN (Organización do Tratado do Atlántico Norte)
44.- OUA (Organización para a Unidade Africana)
45.- PACTO ANDINO ou COMUNIDADE ANDINA
46.- PNUD (Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento)
47.- PNUMA (Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambente)
48.- PRB (Population Reference Bureau)
49.- Organización Mundial de Aduanas
50.- TIJ (Tribunal Internacional de Xustiza)
51.- UIT (Unión Internacional de Telecomunicaciones)
52.- UNESCO (Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura)
53.- UNICEF (Fondo das Nacións Unidas para a Infancia)
54.- UMA (Unión do Magreb Árabe)
55.- WWF-ADENA
56.- UNCTAD (Conferencia das Nacións Unidas sobre Comercio e Desenvolvemento)
57.- UPU (Unión Postal Universal)
Profesor de Xeografía e Historia no IES "Rafael Dieste" (A Coruña)
Este Blog ten unha finalidade esencialmente educativa. Se algunha persoa ou entidade considera que os recursos ou materiais didácticos aquí expostos vulnerasen os dereitos de propiedade intelectual, prégase contacten co autor deste Blog e serán inmediatamente retirados.