miércoles, 8 de octubre de 2008

Un pouco de historia

Dende mediados do s. XX estase a rexistrar un acusado proceso de creación de organismos e institucións para coordinar a economía rexional, continental ou mundial, co fin de evitar as graves tensións que levaron, a postre, as dúas guerras mundiais senon tamén á grave crise económica de 1929.

O número de organismos internacionais multiplouse, dende entón, notablemente.

Actualmente, a principios do s. XXI, podemos avaliar, en parte como positiva, dito proceso. Pois non só reduciuse a intensidade e amplitude dos conflictos armados, senon que tamén se contribuiu ó achegamento entre países veciños, fortalecendose o sistema de cooperación internacional, fenómeno sen precedentes na Historia.

Hoxe a humanidade é cada vez máis consciente da necesidade de fortelecer a interrelación entre países dada a globalización da economía mundial. Se ben é certo, que este fenómeno da "globalización" impulsa o crecemento e o desenvolvemento económico nunhas rexións do mundo, tamén orixina fortes tensións e acusados desequilibrios noutras.

Por iso, cada día, é máis evidente a necesidade de contar con fortes organismos internacionais, rexidos por principios democráticos, de respeto a soberanía e de trasparencia. Os cales ademais conten con capacidade para deseñar unha nova orde económica mundial, baseada na redistribución da riqueza e dos beneficios do desenvolvemento desarrollo humano.

Dentro dos Organismos existentes na actualidade, convén distinguir entre os Organismos de Cooperación, que se limitan a formular recomendacións e propostas sen cesión de soberanía por parte dos estados membros, e os de Integración con obxectivos máis ambiciosos, caso da UE.

Un dos precedentes foi, como xa vimos, a Sociedade de Nacións (SDN), que xurdiu ó remate da I Guerra Mundial.

No hay comentarios: