lunes, 20 de octubre de 2008

Un mundo máis globalizado: o cambio climático

A Terra é un gran sistema vital, no que tódo-los elementos e capas que constitúen a súa estructura están estreitamente relacionados entre sí.
A Biosfera é aquela parte do noso "planeta azul" na que é posible a vida.

Imaxe obtida do portal oficial da NASA

Pero como consecuencia da acción humana, a progresiva degradación ambiental traduciuse en efectos negativos, entre eles a chuvia ácida, o adelgazamento da capa de ozono, a contaminación das augas... As amenazas, para o medio ambente e para a vida na Terra, acadan carácter global, é decir afectan a tódo-los países e continentes. Se se toman as medidas oportunas ainda se poderán resolver moitos dos problemas medioambientais. Por iso dende finais do s. XX se veñen celebrando diversos cumios Mundiais, entre os cales destacamos os seguintes:
Proximamente, no mes de Decembro de 2009, celebrarase unha nova Conferencia mundial, esta vez na capital danesa de Copenhage, na chamada a Conferencia das Partes nº 15.

E é que no mundo actual os estados xa non poden vivir aillados uns dos outros, pois se atopan unidos, entre sí, por estreitos lazos económicos e políticos. Por ese motivo, nas últimas décadas, xurdiron dende entón diversas formas de cooperación internacional.
Non é de extrañar entón que a actual crise económica teña un alcance mundial, e afecte deste xeito a tódo-los países. Así, son cada vez máis frecuentes as xuntanzas dos organismos internacionais nas cales acordar medidas de intervención na economía.

No hay comentarios: